Uns vintecinco alumnos de Humanidades do campus universitario de Ourense asistirán este venres, 18 de maio, na Casa da Cultura, a unha xornada de exposición de ponencias, que terá lugar como prólogo do XI Congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas, cuxa celebración está prevista para o mes de setembro. A este encontro tamén asistirá un grupo de universitarios de Portugal.
O XI Congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas desenvolverase a finais do mes de setembro na sede que este colectivo ten en Cabanelas, e nas próximas semanas presentaranse as actas do anterior congreso, así como o lema e o programa completo de ponencias e actividades do XI Congreso