O musical “La Bella y la Bestia. La Leyenda”, que ía a estar no auditorio municipal do Carballiño mañá venres, 21 de decembro, ás 18,00 h., aplázase ata o venres 15 de febreiro, ás 17,30 h., por causa das lesións sufridas por un actor nun accidente.
Por este motivo, a compañía La Máscara Producciones comunica o aplazamento de todas as representacións que ían ter lugar en Galicia durante estas datas de Nadal.
Desde a concellería de Cultura pidense disculpas polas molestias que conleva este cambio de data da representación, pero que é froito dunha circunstancia totalmente inesperada e totalmente allea ao concello.