Dentro do programa de actos polo Día Internacional das Mulleres, este sábado, 9 de marzo, a compañía Aporía Escénica representa no auditorio municipal ás 20,30 h., a obra “6 cubos negros en corpo branco”.
Trátase dunha traxicomedia sobre a opresión familiar e social, con tinturas de humor negro e absurdo e referencias ao universo lorquiano de A Casa de Bernarda Alba. Está interpretada por Maria Salgueiro, Rosa Puga Davila, Marta Pérez, Diana Mera e Nerea Brey.
A representación está promovida pola concellería de Cultura e enmárcase dentro da Rede de Teatros de Galicia e Agadic.
O prezo da entrada é de 5 euros.