• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

ARREDOR DE 500 NENOS E MAIORES PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO NO XIV DÍA DA BICI

11 octubre, 2018

ARREDOR DE 500 NENOS E MAIORES PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO  NO XIV DÍA DA BICI

O XIV Día da Bici, que se celebrará este domingo, 14 de outubro, aglutinará a preto de 500 participantes, entre nenos e maiores. As primeiras 400 persoas inscritas recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa desta proba deportiva.

O evento foi presentado esta mañá polo concelleiro de Deportes, Manuel Dacal; a coordinadora de educación e seguridade vial da xefatura provincial da Dirección Xeral de Tráfico, Silvia Aguiar; o director do Banco Mediolanum no Carballiño, José Luis Fernández; o responsable de Sobrerodas e directivo do Club Ciclista Carballiño, Roberto Rodríguez, e o tamén directivo deste club, Diego Caderno.

A proba ciclista, que é de carácter lúdico e non competitivo, comezarà ás 11,30 na Praza da Veracruz, e chegará a este mesmo lugar tras percorrer 9 km de ruta urbana por diversas rúas do pobo e do parque municipal.

Para os máis pequenos haberá unha gincana especial na propia Praza da Veracruz, así como diversos xogos e actividades.

As inscricións para participar poden efectuarse ata o mesmo domingo 14, na Praza da Vearacruz, de 10,00 a 11,00 h., media hora antes da saída do percorrido.

Tamén se anuncian unha serie de agasallos para todos os participantes e sorteos ao remate da ruta, que serán aportados pola organización e patrocinadores.

Como requisito absolutamente indispensable para participar, esíxese tanto a pequenos como maiores o uso do casco.

Manuel Dacal resaltou a celebración desta actividade deportiva como unha das mais importantes e concurridas do Carballiño, subliñando sobre todo o seu carácter lúdico e non competitivo, organizada como un paseo para todo tipo de público, dende os maìs pequenos aos maiores. Tamén agradeceu o patrocinio da Deputación Provincial, Inorde e do Banco Mediolanum, así como a colaboración do departamento de seguridade vial da Dirección Xeral de Tráfico de Ourense, Policía Local, Garda Civil, Protección Civil, Club Ciclista Carballiño, Sobrerodas, Gadis, Centro Comercial Aberto, Coca Cola, Plaza de Abastos e Megamoa. Finalmente, animou aos veciños a participar no evento.

O responsable do Banco Mediolanum, José Luis Fernández, amosouse orgulloso de colaborar por primeira vez co concello neste evento, e anunciou que habería outras colaboracións previstas. A marca desta entidade figurará no arco de saída e meta, así como en banderolas e pancartas ao longo do percorrido, e ofrece diversos agasallos para o remate. Finalmente, expresou o desexo dunha relación longa e sólida co concello na organización deste tipo de eventos.

Silvia Aguilar agradeceu que se contara coa xefatura provincial da DXT, asegurando a súa colaboración en materia de mobilidade sostible e seguridade vial, e anunciou a entrega de material utilizable polos participantes, consistente en chalecos, botes e portamóbiles. Lembrou a obrigatoriedade do uso do casco, tanto nos pequenos como nos maiores, xa que ante todo debe prevalecer a seguridade, e recordou tamén aos conductores a obrigatoriedade de respectar os espazos mínimos de seguridade ante os ciclistas.

Finalmente, Roberto Rodriguez, de Sobrerodas e Club Ciclista Carballiño, explicou a súa colaboración na organización da marcha, coordinando e controlando a cabeceira así como os posibles retrasos nos distintos tramos e a realización da gincana infantil. Fixo unha invitación á participación e recalcou o carácter de paseo en bici desta proba lúdica.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos