Con saída e chegada no Parque Municipal, este sábado, 18 de maio, ás 16,00 h., comezará a cuarta edición da BTT en Familia Concello do Carballiño, que terá un percorrido de 10 km cunha dificultade baixa, e que organiza o Club Ciclista Carballiño. Así mesmo, haberá un circuito xincana para os máis cativos na zona da entrada do parque municipal.
Pola marcha das inscricións, preto de cen persoas participarán neste evento deportivo, cuxo prazo finaliza este xoves, 16 de maio, debendo facerse en Sobre Rodas Carballiño. Ao respecto, cómpre salientar que entre os participantes figuran persoas inscritas desde toda Galicia, como Santiago, Lugo e a capital ourensá, entre outras ciudades e provincias. O prezo da inscrición é de 2 euros.
Trátase dun evento lúdico, ideal para pasar unha xornada de ciclismo BTT en familia disfutando dos arredores da vila carballiñesa e do parque municipal. Neste sentido, é un evento apto para todas as idades, se ben os menores deberán acudir acompañados. E, en todos os casos, é obrigatorio usar o casco.
Ao remate haberá unha merenda e sorteo de agasallos.