Tras realizar unha valoración sobre a posibilidade de que as atraccións das festas puidesen continuar ata este próximo domingo, tomouse a decisión de non conceder esta prórroga, e todas as atraccións abandonarán as súas ubicacións no día de hoxe. Polo tanto, quedarán abertas ao tráfico as rúas que permaneceron pechadas durante estes días pola ocupación destas atraccións de feira.