As gradas do estadio municipal de Espiñedo contarán esta nova tempada con asentos individuais para os afeccionados gracias a unha subvención de 13.000 euros concedida pola Deputación de Ourense, tras unha solicitude da Alcaldía e da propia presidencia do Club Deportivo Arenteiro.
Trátase da segunda axuda do organismo provincial para a mellora das instalacións do estadio municipal de fútbol, tras a reforma efectuada na zona dos vestiarios esta tempada pasada, e que supuxo un investimento de 60.000 euros.
O compromiso para este novo investimento, que fará máis cómoda a asistencia dos afeccionados durante os encontros, ademáis de mellorar a imaxe das gradas, con asentos de cor verde, fora adquirido polo presidente da Deputación, José Manuel Baltar, durante a visita ralizada a estas instalacións deportivas en febreiro deste mesmo ano.