O fotógrafo José Luis Diz, integrante da Asociación Fotográfica O´Potiños, é o autor da mostra “As cores da natureza”, que se exhibe no concello do Carballiño desde este pasado venres, e que permanecerá durante os meses de xuño e xullo.
Trátase dunha colección de fotografías tomadas en outubro do pasado ano no parque municipal do Carballiño e ribeiras do río Arenteiro, que amosa a gran variedade cromática de verdes, dourados e vermellos da riqueza forestal deste espazo natural da vila carballiñesa durante o outono.
A apertura desta exposición coincide coa celebración o próximo martes, 5 de xuño, do Día Mundial do Medio Ambiente.