Tras a celebración dunhas xornadas de risoterapia no mes de abril, voltan a ter lugar este mes de xuño unas xornadas de cachibol e risaplus.
Esta actividade, que conta coa subvención da Deputación provincial e do concello do Carballiño, desenvolverase os días 6, 13, 20 e 27 de xuño, de 16,00 a 17,30 h., nos locais sociais de Mesego, Seoane, Señorín e Arcos, respectivamente.
Consisten en xogos expresivos, xogos imitativos, dinámicas musicais, ioga de risa e outro tipo de dinámicas terapéuticas destinadas ás persoas maiores.