• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

AS XOCIVIGA CELEBRAN O 35 ANIVERSARIO CUNHA PROGRAMACIÓN DIRIXIDA A RECUPERAR O PULO DO FESTIVAL E DESPERTAR O INTERESE POLO CINE DE CALIDADE EN PANTALLA GRANDE

27 julio, 2018

AS XOCIVIGA CELEBRAN O 35 ANIVERSARIO CUNHA PROGRAMACIÓN DIRIXIDA A RECUPERAR O PULO DO FESTIVAL E DESPERTAR O INTERESE POLO CINE DE CALIDADE EN PANTALLA GRANDE

As Xociviga celebran este ano o 35 aniversario, e por iso deseñou un dos programas con máis invitados e de maior interese dos últimos anos.

Proxectaranse, entre o 29 de xullo e o 2 de agosto, unhas 40 creacións, entre longametraxes, curtametraxes, documentais e trailers. E haberá tres actos destacados: Unha homenaxe a Carlos Velo, que estivo na segunda edición das Xociviga, e foi a súa última viaxe a Galicia; a GALA 35 ANIVERSARIO, e un encontro de universidades internacional por primeira vez no marco das Xociviga entre as Facultades da Comunicación de Galicia e a Escola Artes Plásticas e Audiovisuais da Universidade de Puebla de México.

Ademáis, teremos unha exposición dedicada a Carlos Velo, que recolle a súa estadía no Carballiño no ano 1985, e dúas publicacións: o libro das Xociviga, e un libro-catálogo da exposición de Velo.

As Xociviga comezarán cunha xornada prólogo o domingo 29, coa proxección na Praza Maior da película de animación El malvado Zorro Feroz, que obtivo o máximo galardón do cine en Francia, o premio César.

O luns, 30 de xullo, teremos ás 11,30 h., o acto de sinatura dun convenio de colaboración do concello e as Xociviga coa Fundación Carlos Velo, e a continuación a inauguración da exposición “A derradeira viaxe de Carlos Velo a Galicia”, e a presentación dun libro co mesmo título. Isto no auditorio.

Ese día comezarán as sesións de cine infantil, a retrospectiva Carlos Velo, Cinema feito en Galicia, e as sesións de noite.

CINEMA NENOS
En cine infantil proxectarase, ademáis da película anunciada, El hijo de Bigfoot e Luis y los Alienígeneas, todas fantásticas películas de animación.

RETROSPECTIVA CARLOS VELO
De Velo proxectaranse tres películas realizadas en 1935 “Almadrabas, Felipe II y El Escorial, e Galicia. A entrada a esta retrospectiva é gratuita.

CINEMA FEITO EN GALICIA
Proxectaranse tres películas de Cinema Galego, que son DHOGS, A batalla descoñecida e A Estación Violenta. A primeira conseguiu este ano 13 galardóns dos Premios Mestre Mateo; e a segunda é un documental sobre os tempos do wolfram.

CINEMA DE NOITE
E finalmente, nas sesións de noite teremos tres magníficas películas, como son Corporate, El doctor de la felicidad e Lucky.
GALA 35 ANIVERSARIO

A GALA DO 35 ANIVERSARIO, que terá lugar o mércores día 1, ás 20,00 h., no auditorio, con entrada totalmente libre. Haberá invitados de excepción, e ademáis, poderase ver en primicia un tráiler feito por Telecinco expresamente para esta gala das Xociviga, sobre a nova serie que se está rodando en Galicia e que será a estrela da nova temporada de Telecinco “Vivir sin permiso”, con guión de Manuel Rivas, e protagonizada por José Coronado e Álex González. E ademáis contaremos coa Directora de Ficción de Mediaset España, Arantxa Écija, que viaxará expresamente desde Madrid ao Carballiño, para comentar esta serie así como as demáis novedades de ficción de Telecinco para esta tempada, incluida a segunda parte de “La verdad”. Poderemos ver oito trailers.
Queremos dar realce a esta gala, e por iso vai estar presentada pola actriz carballiñesa Iria Sobrado, e nela entregaremos os Premios da Insignia de Ouro a Manuel Villanueva, Director de Contidos de Telecinco e Mediaset, e o Premio Xociviga de Honra a Mela Casal, cuxa laudatio será realizada pola tamén actriz Mariana Carballal, que recibiu este galardón o pasado ano.
Nesta gala tamén entregaremos os premios do Concurso de Curtametraxes, que tivo un éxito extraordinario, con vinte curtas presentadas. Con respecto a este concurso hai que especificar que contará cun xurado de excepción e internacional, formado por tres profesores, dous da Facultade de CC Sociais e da Comunicación de Pontevedra, e un da Facultade de Artes Plásticas e Audiovisuais da Universidade de Puebla de México, e tres alumnos. E, por suposto, proxectarase a curta gañadora.

E tamén se proxectará un video realizado polo equipo de Xocifilma, realizado por alumnos da Facultade de CC da Comunicación e Audiovisual de Pontevedra nas xociviga do pasado ano sobre “Pasado, presente e futuro das Xociviga”.

E finalmente, o día 2, pola mañá, no concello imos ter un Encontro internacional de Universidades ao que asistirán o decano da Facultade de CC Sociais e da Comunicaciónde Pontevedra da UVigo, Xosé Baamonde; o decano da Facultade de CC da Comunicación da U de Santiago, Xosé Ramón Pousa, o profesor da Facultade de CC SS e da Comunicación de Pontevedra, Paulino Pérez, que coordinou ao equipo de Xocifilma, e a coordinación de Miguel Anxo Fernández como membro da Fundación Carlos Velo. O obxectivo é promover a plasmación de convenios de colaboración entre as universidades galegas e a de Puebla de México en materia audiovisual, que estará representada polo profesor José Antonio Nogueira, da Escola de Artes Plásticas e Audiovisuais da BUAP.

Trátase dun programa do máximo nivel e interese, que nos sitúa de novo entre os festivais con máis iniciativas, intentando recuperar o pulo que tiveron as Xociviga hai tempo.

Os libros e as follas de programación distribuiranse na Oficina de Turismo, no Concello, na área de Cultura, e no Auditorio, e tamén se repartirán polos locais hostaleiros e librerías e quioscos de prensa.

As entradas infantiles costarán 3 euros, e as de adultos 4 euros. E serán gratuitos a xornada prólogo, as proxeccións das curtametraxes e a retrospectiva de Carlos Velo.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos