Pese ao mal tempo, o Enterro da Sardiña celebrarase esta tarde ás 19,30 h., tal e como estaba previsto no programa do entroido. O acto terá lugar baixo a carpa instalada na Praza Maior, e só se suprimirá o percorrido pola rúa do Paseo en caso de que a chuvia persista a esa hora. Así mesmo, realizarase unha queima simbólica do meco dentro da carpa, se non é posible facelo fóra. E tamén se mantén a chocolatada gratuita para as 20,00 h.
Como nestes anos anteriores, o enterro da sardiña estará protagonizado por Aspadisi, que escenificará o remate do entroido, e contará coa animación da charanga Castro Bello.