BANDO MUNICIPAL
O SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DO CARBALLIÑO.
FAI SABER:
Que conforme ao disposto no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, pol oque se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crisis sanitaria polo COVID-19 e a Resolución do 15 de marzo do 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, ditouse por esta Alcaldía Resolución n.º 2020-0329 do 17/03/2020, na que se ESTABLECEN AS SEGUINTES MEDIDAS EN RELACIÓN CO SERVIZO DE RECADACIÓN:
PRIMEIRO A oficina de recadación permanecerá pechada polo período que se establece na declaración do Estado de Alarma. Para calquera xestión que os administrados queiran facer deberana realizar telefónicamente, sendo os teléfonos de contacto do Servizo de Recadación os seguintes:
988 27 49 57
988 22 62 14
Como consecuencia desta situación especial, establécense as seguintes medidas:
SEGUNDO O período de cobro do Imposto sobre vehículos de tracción mecáncia (IVTM) do 2020, que finalizaba o 03/04/2020, queda prorrogado nun prinicipio ata o 30/04/2020, salvo que se prorroque a vixencia do Estado de Alarma, se diten outras resolucións polo órgano competente ou por outras circunstancias que fagan necesario a súa ampliación.
TERCEIRO. O Período de cobro do Prezo público de axuda no fogar (PP AXUDA DOMICILIO) do MES DE FEBREIRO do 2020, que finalizaba o 03/04/2020, queda prorrogado nun prinicipio ata o 30/04/2020, salvo que se prorroque a vixencia do Estado de Alarma, se diten outras resolucións polo órgano competente o ou por outras circunstancias que fagan necesario a súa ampliación.
Quedando suspendidos o resto dos períodos de cobro ata nova orden.
CUARTO. En relación ao Prezo público nas escolas de artes escénicas e musicais (PP BAILE E TEATRO) correspondentes aos meses de marzo e seguintes do exercicio 2020 , quedan suspendidos ata nova orden os períodos de cobro.
QUINTO. En relación ao Prezo público do Bo Día Familia QUINCENAL correspondentes aos meses de abril e seguintes do exercicio 2020, quedan suspendidos ata nova orden os períodos de cobro.
SEXTO. O período de cobro do Prezo público do Bo Día Familia MENSUAL correspondente ao MES DE MARZO DO 2020, queda prorrogado nun prinicipio ata o 30/04/2020, salvo que se prorroque a vixencia do Estado de Alarma, se diten outras resolucións polo órgano competente ou por outras circunstancias que fagan necesario a súa ampliación.
Quedando suspendidos o resto dos períodos de cobro ata nova orden.
SÉTIMO. En relación ao Prezo público da prestación do Servizo da actividade de Cursos de Natación para Maiores dos meses de marzo e seguintes do exercicio 2020, quedan suspendidos ata nova orden os períodos de cobro.
Quedando suspendidos o resto dos períodos de cobro ata nova orden.
OITAVO. En relación ao derradeiro día para domiciliar, que remataba o 01/04/2020 para a Taxa sobre recollida domiciliaria de lixo e residuos sólidos urbanos, 1º semestre do exercicio 2020 (1º SEMESTRE – TAXA LIXO); Taxa de vaos e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase e outras actividades en interese particular do exercicio 2020 (TAXA ENTRADA DE CARRUAXE, VAOS E RESERVAS DE ESPAZO); e Taxa de caixeiros automáticos do exercicio 2020, queda prorrogado nun prinicipio ata o 30/04/2020, salvo que se prorroque a vixencia do Estado de Alarma, se diten outras resolucións polo órgano competente ou por outras circunstancias que fagan necesario a súa ampliación.
NOVENO. No caso de AUTOLIQUIDACIÓNS, os administrados deberán comunicarse telefónicamente coa oficina de Recadación, que lles facilitará o recibo para proceder ao seu pago.
DÉCIMO. Os pagos dos tributos e prezos públicos municipais farase mediante transferencia bancaria ou nos caixeiros automáticos das Entidades Colaboradoras (CAIXA RURAL GALEGA SCCL, BBVA SA, ABANCA C.B SA). No caso de escoller a transferencia bancaria a oficina de recadación facilitará o IBAN da conta de Recadación onde deben realizar os ingresos.
NON SE PODERÁN FACER PAGOS MEDIANTE O SISTEMA DO TPV, INSTALADOS NAS OFICINAS MUNICIPAIS.