• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

BASES E CONVOCATORIA CONCURSO DE ESCAPARATES NADAL 2019

12 diciembre, 2019

1. Obxecto do concurso
O presente concurso ten como finalidade premiar o esforzo e o traballo que realizan os comerciantes para atraer aos seus clientes, a través da imaxinación e a orixinalidade na decoración dos seus escaparates de nadal, creando un ambiente agradable de compra durante as datas de nadal e incentivando o comercio local.

2. Participantes
Poderán participar tódolos establecementos comerciais do pobo, sen limitación de número ou de espazos e sen ningunha distinción por razón da súa actividade ou titular.

3. Obrigas dos participantes
– Os establecementos comerciais deberán estar dados de alta no Imposto de Actividades Económicas
– Ter establecemento aberto ao público no término municipal do Carballiño.
– Colocación no escaparate dun distintivo de participación no concurso facilitado polo departamento de cultura.
– Os establecementos deberán ter preparado, visible e iluminado o seu escaparate dende o día 20 de decembro ata o 6 de xaneiro, exceptuando o atrezzo que sexa para vender.

4. Inscrición e prazo
A inscrición formalizarase por escrito na Área de Cultura do Concello do Carballiño presentando a seguinte documentación no rexistro municipal dende o día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no BOP, trala comunicación efectuada para o efecto na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), e ata o día 20 de decembro de 2019 ás 13 horas:
– Folla de inscrición
– Fotocopia do DNI
– Certificación bancaria do nº de conta do establecemento inscrito
– Declaración responsable de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
– Declaración de non estar incurso nas prohibicións do artigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.

O departamento de cultura xestionará de oficio a comprobación de estar ao corrente das obrigas fiscais coa administración local.

5. Procedemento de concesión
O procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva.
A instrución do procedemento corresponderalle aos servizos administrativos da Concellería de Cultura.
Unha vez rematado o prazo de presentación de inscricións o órgano de instrución comprobará a corrección da documentación administrativa achegada, e remitirá ao xurado a relación de establecementos comerciais participantes cuxa documentación estea correcta e fora presentada en prazo para a súa valoración e posterior emisión da correspondente acta.

6. Crédito orzamentario
O importe total asignado no orazamento municipal a esta finalidade ascende a 450 euros con cargo á aplicación orzamentaria 3341148000 Transferencias correntes de 2019.
Establécense os seguintes premios:

1º Premio: 200 euros
2º Premio: 150 euros
3º Premio: 100 euros
Todos os premiados recibirán un diploma acreditativo.
Aos premios aplicaráselle as retencións correspondentes segundo a lexislación vixente.

7. Criterios de valoración
Na valoración dos establecementos participantes terase en conta os seguintes aspectos:
– A orixinalidade, creatividade e innovación da idea no seu conxunto (máximo 10 puntos)
– O deseño, montaxe e selección de materiais expositivos e decorativos (máximo 10 puntos)
– A iluminación (máximo 10 puntos)
– A limpeza, orde e harmonía do proxecto expositivo (máximo 10 puntos)
Para a valoración, o intervalo máis baixo sempre será 0 e o máximo 10. O escaparate que máis puntuación consiga será o gañador. Sucesivamente, os premios segundo e terceiro, serán os outros dous con máis puntucación, segundo o orden.

8. Xurado
O xurado valorará os traballos o 21 e 22 de decembro de 2019 e estará formado por:
• Un representante do comercio.
• Un representante dunha asociación cultural do Carballiño ou persoa relacionada coas artes.
• Un representante da veciñanza.
Actuará como secretario/a un/unha traballador/a do Concello do Carballiño.
En calquera dos premios poderanse declarar desertos se o xurado o considera oportuno. Dita decisión será inapelable e farase pública coa lectura da acta nun acto que terá lugar o 26 de decembro no salón de actos do Concello.

9. Resolución de concesión
A decisión do xurado elevarase ao órgano competente para aprobalo. O órgano competente poderá rexeitar aqueles premiados que non cumpran coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a propia Xunta de Goberno no prazo dun mes ou directamente ante o orde xurisdicional contencioso-administrativo recurso Contencioso-Administrativo no prazo de tres meses dende a notificación da mesma.

10. Xustificación e pagamento
Unha vez ditada resolución polo órgano competente, procederase ao pagamento vía transferencia bancaria ao núm. de conta proporcionado polos establecementos gañadores.

11. Aceptación das bases
A participación no concurso comporta a aceptación das presentes bases, sendo excluído todo aquel participante que incumpla as mesmas.

12. Información sobre tratamento de datos persoais.
Os establecementos participantes autorizan o tratamento de datos persoais e a súa inclusión nun ficheiro xestionado polo Concello do Carballiño coa finalidade de estatística. O representante do establecemento poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición recoñecidos na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, mediante correo electrónico a concello@carballino.gal ou por correo ordinario ó Concello do Carballiño (Praza maior, 1 C.P. 32500 O Carballiño).

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos