O Conservatorio e a Escola de Música ofrecerán este xoves, 28 de febreiro, e día de feira no Carballiño, unha batucada na rúa do Paseo ás 18,15 h., como anticipo do concerto de entroido que ofrecerán no auditorio municipal ás 19,30 h.
Serán unha batucada e un concerto nos que haberá todo tipo de instrumentistas con percusión, vento e metal, entre outras modalidades instrumentais, e que ofrecerá un amplo repertorio musical vencellado coa celebración do entroido.
A entrada será totalmente gratuita, polo que se anima a todas as persoas interesadas a achegarse tanto á Praza Maior ás 18,15 h., como ao auditorio ás 19,30 h.