O xurado do Concurso de Escaparates de Nadal, convocado pola área de Cultura do Concello do Carballiño, leva a cabo a avaliación dos escaparates presentados ao concurso, que se fallará este xoves, 27 de decembro.
No concurso inscribíronse catorce establecementos, que son os que optarán a calquera dos tres premios establecidos, e que terán unha contía económica de 200, 150 e 100 euros, respectivamente, para o primeiro, segundo e terceiro premio.