A compañía Pares y Nones Producciones trae este domingo, 8 de decembro, ao auditorio municipal do Carballiño o musical tributo á película Coco “¡Recuerdame!”.
Será xunto con Pontevedra a única localidade de Galicia na que se poderá ver este espectáculo que rende tributo a unha das películas máis entrañables dos últimos tempos, a película Coco.
O evento, para o que xa vai vendido máis da metade do aforo, terá lugar ás 17,00 h. As entradas poden adquirirse de forma anticipada en woutick.es e no restaurante Comonacasa do Carballiño.
Trátase do primeiro tributo musical da película Coco, que chega da man da Compañía de Teatro Musical de España. Un concerto coas voces en riguroso directo, escenografia e maquillaxes de auténtico luxo, con todos os personaxes da película.
Sinopse
Miguel é un mozo que soña con ser músico e chegar a alcanzar o seu soño de ser como o seu ídolo musical Ernesto de la Cruz, pero a familia de Miguel négase a que él sexa músico por un terrible incidente coa música no pasado da familia… Pero Miguel non desistirá ata lograr o seu soño.