Este pasado xoves 30 de xaneiro escomenzou un ano máis, e xa van seis, o ciclo Poesía e música nos CPI Terras de Maside e Virxe da Saleta de Cea e nos IES Chamoso Lamas e Nº1 do Carballiño. O ciclo pretende achegar a poesía e a música en galego a estudantes de secundaria da comarca, e neste caso o fixo a través dun obradoiro de regueifas a cargo de Alba María, que se desenvolveu ao longo dunha xornada nos catro centros de ensino. Os estudantes aos que foi dirixido o obradoiro participarán máis adiante nun acto na rúa e que consistirá nunha competición de regueifas entre eles. Estas actividades, que continuarán ao longo de todo o curso con recitais poéticos e concertos, están promovidos polo Cine club e contan un ano máis coa axuda económica e colaboración da Área de Cultura do Concello do Carballiño.
CICLO DE POESÍA E MÚSICA NOS INSTITUTOS DO CARBALLIÑO E NOS COLEXIOS DE CEA E MASIDE
