Co novo asfaltado de acceso ao balneario e parroquia das Caldas de Partovia, que se ultima estes días, prosigue o plan de mellora das infraestuturas viarias no municipio do Carballiño, posto en marcha no último trimestre do pasado ano.
Este proxecto conta coa subvención da Deputación Provincial dentro do programa de infraestruturas termais asinado co concello.
Así mesmo, hai unhas semanas rematou o asfaltado en diversas rúas de Señorín e en Veiga, no acceso dende o campo da festa desta parroquia ao Pavillón de Deportes, e continuará noutros lugares da zona rural ademáis de no casco urbano.
Complementariamente, tamén se culmina estes días a nova beirarrúa da rúa Juan Corral Pajariño.
O importe total deste plan ronda os 600.000 euros, e nel inclúense tamén os proxectos das rúas do casco urbano Otero Pedrayo, Aquilino Sánchez, Camiño de Aquilino Sánchez e beirarrúas da Avenida do Parque dende a antiga casa do Peón Caminero ao Instituto Chamoso Lamas. O custe do plan sufrágase con fondos do concello, da Deputación e da Xunta.