O traslado da Virxe das Dores terá lugar ás 20,30 h., co seguinte percorrido: Vulcano, Tomás Mª Mosquera, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Rúa dos Canteiros e Templo da Veracruz. O acompañamento musical correrá a cargo da Banda Escola de Gaitas do Carballiño, e tamén participarán as cantantes Almudena Mosquera e Maribel López.
A procesión de Ramos celebrarase o domingo, ás 11,15 h., co seguinte percorrido: Evaristo Vaamonde, Conde Vallellano, Curros Enríquez, Antonio Palacios e Praza da Veracruz, onde terá lugar a bendición de Ramos. O paso será “A Borriquiña”, Xesús Triunfante entrando en Xerusalén, e participarán o Coro de voces brancas do Orfeón Unión Ourensá e o Coro do IES Chamoso Lamas, así como o pianista Miguel G. Sáez Sotelo, e a Banda da Brilat “Galicia VII”.
O mércores, 28 de marzo, celebrarase un Via Crucis Procesional ás 20,30 h., arredor do templo da Veracruz.
O xoves, 29, terá lugar a Procesión Penitencial da Sentencia e a Misericordia “A Madrugá”, que partirá ás 22,30 h., da capelo do Asilo e transcorrerá polas rúas Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Praza Maior, Aldara, Rúa dos Canteiros e Antonio Palacios. O paso é do Noso Señor da Sentencia e a Misericordia. Participan os cantantes Almudena Mosquera e Emilio Rodríguez.
Finalmente, o Venres Santo terá lugar a Procesión “dos Caladiños”, coas imaxes da Virxe das Dores, Santa María Magdalena e o Cristo Xacente. Comezará ás 21,00 h., e estará acompañada pola Banda de Gaitas Deputación de Ourense e a Banda de Gaitas “Lembranzas da Terra” de Guillarei. Participan O Orfeón do Carballiño e como solistas Almudena Mosquera, Semino Otero, Emilio Rodríguez e Christian Casas.