Comezou esta mañá o 10 Festival de Títeres, que traerá ao Carballiño a cinco compañías con oito obras. As representacións terán lugar ata o venres, 17 de agosto, na Praza Emilia Pardo Bazán (ou no auditorio en caso de chuvia), en horario de mañá, 12,30 h., e de tarde, 19,30 h.
Este luns, ás 12,30 a compañía TÍTERES INTRES representou a obra O SOÑO DO RATO, de 45 minutos de duración, para todos os públicos.
Pola tarde, ás 19,30 h. esta mesma compañía representará a obra HISTORIAS DO MAR, de 40 minutos de duración, recomendad para nenos e nenas de 4 a 8 anos.
O martes, 14, TÍTERES BABALUVA reslizará un obradoiro ás 12,30 sobre CREACIÓN DUN TÍTERE DE VARIÑA, de 90 minutos de duración, para público maior de 5 anos.
Pola tarde, ás 19,30 h., esta mesma compañía representará TITA, de 50 minutos de duración, para nenos e nenas de 4 a 10 anos.
O mércores, 15, ás 19,30 h., MIRCROMINA TEATRO representará A FAMILIA UNIDA, de 50 minutos de duración, para público a partir dos 4 anos.
O xoves, 16, ás 19,30 h., TEATRO Ó CUBO representará a obra GHOP!, de 50 minutos e dirixida ao público familiar a partir de 5 anos.
O venres, 17, ás 12,30 h., TRÉCOLA TEATRO representará LOLO E RATOA, de 50 minutos de duración, para público a partir de 2 anos.
Pola tarde, esta mesma compañía representará, ás 19,30 h a obra TOLITATES, de 50 minutos de duración, e púbico a partir de 3 anos.