• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

COMEZA O CURSO DE SOLDADURA DO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE GALICIA “CARBAEMPREGA 2018”, QUE XA REINSERTOU NO MERCADO DE TRABALLO AO 22% DOS INCSCRITOS EN MENOS DE TRES MESES DE FUNCIONAMENTO

4 abril, 2019

COMEZA O CURSO DE SOLDADURA DO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE GALICIA “CARBAEMPREGA 2018”, QUE XA REINSERTOU NO MERCADO DE TRABALLO AO 22% DOS INCSCRITOS EN MENOS DE TRES MESES DE FUNCIONAMENTO

Corenta e catro persoas inscritas no Programa Integrado de Emprego de Galicia “Carbaemprega 2018” comezarán esta semana o curso de soldadura, que é un dos módulos máis solicitados neste terceiro programa de emprego financiado pola consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, que se puxo en marcha o pasado mes de xaneiro. Os outros módulos do programa son auxiliar de almacén e peón forestal.

A apertura do curso, que se desenvolverá nas instalacións do parque empresarial da empresa DIZMAR, celebrouse na Casa da Cultura coa asistencia do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; os responsables da formación, da empresa Eurofirms, e técnicos do departamento de Orientación Laboral do concello.

Nos pouco máis de dous meses que botou a andar o programa, xa conseguiron traballo 22 persoas, o que supón o 22% do total de persoas inscritas, que é de cen. Ao final do programa, que terá unha duración dun ano, o obxectivo de inserción é do 45%. Os sectores nos que se empregaron estas 22 peroas son moi dispares, así temos persoas traballando en hostelería, industria, sector alimentario, administración pública e incluso hai un usuario contratado como investigador nunha Universidade.

Actualmente os usuarios xa finalizaron as formacións en orientación laboral e comezan cos cursos de profesionalización.

O curso que empeza agora é o de iniciación á soldadura con 44 personas na nave de DIZMAR, e máis adiante comezarán os de almacén e peón forestal. A duración deste curso de iniciación é de 30 horas.

Unha vez rematado o curso de iniciación, as persoas que o superen realizarán un curso de perfeccionamento.

Francisco Fumega saudou aos usuarios do programa e recordoulles a importancia deste curso, pois recibirán formación para poder desempeñar un labor profesional no sector industrial. O alcalde animou a facer todo o esforzo necesario para aprender o máximo posible e facer máis rápida a incorporación ao mercado laboral. Neste senso, aleccionou para aproveitar esta oportunidade que lle brindaba o programa posto en marcha polo concello en colaboración coa Xunta de Galicia. Finalmente, agradeceu ao grupo DIZMAR a súa colaboración nesta fase da formación e por implicarse activamente no programa. Tamén agradeceu o traballo de Eurofirms, que é a entidade que se encarga da formación.

OBXECTIVOS DE INSERCIÓN

No primeiro plan de emprego conseguiuse reinsertar no mercado de traballo a 41 persoas, e no segundo o plan a reinserción superou as 50 persoas. Neste terceiro programa agárdase incrementar o número de persoas que consigan un emprego, e que é como mínimo o 45%.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos