O concello do Carballiño prosigue co plan de mellora das infraestruturas no medio rural dando comezo ás obras de novo asfaltado da estrada de Veiga a Vilar, que se executa dentro do plan de mellora de camiños de titularidade municipal da Xunta de Galicia.
O proxecto contempla ampiar a calzada e mellorar o firme cun novo asfaltado en quente en todo o tramo, o que suporá un investimento de 48.000 euros.
Este proxecto realízase tras o remate das obras do novo asfaltado a Mudelos, que tivo un custo de 52.967 euros, e que foi sufragado pola Deputación Provincial de Ourense (34.622 euros) e o concello do Carballiño (18.344 euros).