Comezaron a instalarse os paneis das rutas do programa “Carballiño Cardiosaudable”, deseñado e promovido pola enfemeira Verónica Civeira e o técnico do 061 Manuel López. Trátase de señalizar sete rutas, que comezan na Praza Maior e no Concello, e transcorren por itinerarios urbanos e dos arredores da vila, con diferentes distancias.
Estes días colocáronse os paneis da Ruta Saudable 3, que parte da Praza Maior, baixa pola rúa do Paseo e a rúa Margarita Taboada cara ao Balneario, continúa por unha das marxes do Paseo do Arenteiro e volve pola outra beira cara ao centro da vila.
Hai unhas semanas, as enfermeiras Verónica Civeira, Miriam Irene Cedrón e Bea Blanco, presentaron este programa en Vitoria-Gasteiz, onde participaron no XI Congreso Nacional da Federación de Asociacións de Enfermería Comunitaria e Atención Primaria (FAECAP), o programa “Carballiño Cardiosaudable”.
Este programa anunciouse por primeira vez durante a celebración das I Xornadas Cardiosaudables, desenvolvidas no salón de plenos do consistorio carballiñés o pasado ano, e o próximo luns, 22 de abril comezará a segunda edición, xa co percorrido cardiosaudable da Ruta 3 señalizado.
A primeira mesa redonda deste obradoiro cardiosaudable terá lugar ás 11,00 h., no salón de actos do concello, e nela participarán o alcalde, Francisco Fumega; o xerente da EOXI, Julio García Comesaña; a subdirectora de procesos asistencias de enfermería, María dolores Sánchez; o xefe de servicio der atención primaria do Carballiño, Antonio Padrón; o coordinador de Atención Primaria do Carballio, Francisco Javier Pérez; e a enfermeira Verónica Civeira.
E a continuación, ás 11,30 h., realizarase a Ruta Saudable 3, que comeza no panel instalado na Praza Maior.
As enfermedades cardiovasculares son a principal causa de Morte en España, moitas destas mortes evitaríanse tendo ben controlados os factores de risco como son sobrepeso, hipertensión, sedentarismo, diabetes, tabaquismo, colesterol…
O obxectivo do programa e dos paneis é a prevención de enfermedades cardiovasculares, para o cal se propoñen unha serie de acción encamiñadas a reducir os riscos na poboación e conseguir este fin.