• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

COMEZARON AS OBRAS DE LIMPEZA DA PONTE DE VEIGA CO OBXECTIVO DE PRESERVAR E VALORIZAR ESTE MONUMENTO MEDIEVAL

26 febrero, 2019

COMEZARON AS OBRAS DE LIMPEZA DA PONTE DE VEIGA CO OBXECTIVO DE PRESERVAR E VALORIZAR ESTE MONUMENTO  MEDIEVAL

Co obxectivo de preservar e valorizar o patrimonio histórico do Carballiño, un de cuxos monumentos destacados é a Ponte de Veiga, diron comezo onte as obras de limpeza do mesmo. O proxecto, que foi encargado pola alcaldía ao estudio de arqueoloxía “ANTHROPOS”, que dirixe o arqueólogo Jorge Lamas Bértolo, tamén contempla a cata dunha franxa de terreo á entrada da ponte para descubrir un tramo da antiga calzada medieval.

A financiación corre a cargo da institución municipal, que aporta ao redor de 9.000 euros.

A limpeza comprende a eliminación das especies vexetais, tanto superiores como inferiores, crecidas sobre a ponte, e a retirada dos depósitos tanto de terra como de produtos da degradación da pedra acumulados nas superficies horizontais. Tamén se realizará unha limpeza suave da superficie para atenuar as manchas de humidade e suciedade e unificar o aspecto do conxunto. Así, retiraranse hedras, herbas, árbores, musgos, liques e algas. A limpeza realízase a man e con utensilios que non provocan erosións. No caso dos liques, na parte inferior, valorarase a conveniencia ou non de retiralos segundo a especie de que se trate.

Finalmente, procederase á limpeza duns 10 metros de cada beira do río e próximas á ponte xunto coa tala de varias árbores que, en caso de caída, afectarían á propia estrutura da ponte.

Ainda que nesta fase do proxecto a consolidación non é o obxectivo principal desta intervención, durante os tratamentos de limpeza é posible que se detecten puntos de inestabilidade estrutural, como pequenas fendas, que fagan necesaria unha consolidación puntual para garantir a estabilidade do conxunto ata que se realicen labores de retirada dos morteiros de cemento na zona dos petrís.

Polo que respecta á sondaxe do terreo situado ao este da entrada á ponte, no proxecto contémplase a excavación dunha cuadrícula duns 32 metros cadrados co fin de verificar a existencia do antigo enlousado do camiño neste sector. No caso de que apareza este enlousado, procederase á súa restauración pola arqueóloga-restauradora Victoria Folgueira Fariña.

As obras están dirixidas polo arqueólogo Jorge Lamas, e a realizan traballadores dunha empresa especializada na limpeza de monumentos, e que de feito foron quen levaron a cabo a limpeza da ponte de Ponterriza e outras cinco pontes medievais do Ribeiro, a finais do pasado ano.

A Ponte Veiga é un dos monumentos medievais máis salientables do Carballiño. Figura na catalogación de xacementos arqueolóxicos levada a cabo no ano 2004 polo Centro de Estudios Chamoso Lamas sobre patrimonio Histórico-Artístico da comarca do Carballiño.

As primeiras pegadas do home no concello do Carballiño atopámolas fundamentalmente no entorno do polígono industrial de A Uceira a xeito de restos materiais do paleolítico, pero foi na Idade Media cando o munipio cobrou importancia, coincidindo coa aparición na zona da comunidade do Císter de Oseira e a súa rivalidade co Conde de Rivadavia por ocupar estas terras. Desta época atopamos un interesante abano de monumentos histórico-artísticos xunto cunha rede viaria que ainda na actualidade conserva parte dos seus tramos (pontes medievais de A Veiga, do Marañao e Ponterriza).

A Ponte de Veiga data dos séculos XIII-XIV, ainda que sofriu modificacións posteriores coa colocación dos petrís na parte superior.

Dende hai tempo, a Ponte de Veiga atopábase nunha situación de falla de limpeza e mantemento, coa invasión de especies vexetais como toxos e fentos, e incluso árbores nas inmediacións cuxas raíces e ramas poñen en perigo a propia integridade da ponte. De aí que o alcalde, Francisco Fumega, e co obxectivo de conservar e poñer en valor o patrimonio histórico-artístico, tomase a iniciativa de encargar o proxecto para preservar e valorizar o monumento.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos