O traxecto de sendeiro do río Arenteiro entre a Pena dos Namorados e os muíños do Museo Etnográfico conta xa cun novo pavimento. Trátase da primeira actuación do proxecto de Mellora da accesibilidade no camping municipal e creación de aparcamento, promovido polo concello do Carballiño e que conta cunha subvención da Dirección de Turismo de Galicia.
O orzamento deste proxecto é de 48.399,94 euros, e consiste na pavimentación dos tramos do sendeiro e paseo do Museo Etnográfico que estaban de terra e en peor estado, na creación dun aparcamento incluindo prazas reservadas e adaptadas para persoas con mobilidade reducida preto da recepción do camping e a colocación dun planímetro 2D cos recursos turísticos da zona con texto en braille para as persoas con visibilidade reducida e invidentes.
O aparcamento irá situado na zona da carballeira da entrada ao camping, preto da recepción do mesmo e dos bungalows, respetándose ás árbores existentes.
O prazo de execución do proxecto é de tres meses, pero quedará concluido probablemente antes de que se complete este período.