O auditorio municipal Manuel María acolleu esta mañá o proceso de selección das persoas que integrarán o terceiro plan de emprego “Carbaemprega”. Este plan, que conta co financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria, prevé formar a cen persoas en tres módulos: auxiliar de almacén, forestal e soldadura. Terá unha duración dun ano, e as clases teóricas comezaran no mes de xaneiro.
A convocatoria para o proceso de selección foi efectuada pola Oficina de Emprego de Galicia, que abriu unha lista de persoas desempregadas para poder formar parte deste plan.
No primeiro plan de emprego conseguiuse reinsertar no mercado de traballo a 41 persoas, e no segundo plan a reinserción superou as 50 persoas. Neste terceiro plan agárdase incrementar o número de persoas que consigan un emprego.