• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

CONVOCADO O 7º CONCURSO FOTOGRÁFICO POLA IGUALDADE QUE TERÁ POR LEMA “UNHA MIRADA DE XÉNERO: A MULLER NA SÚA LOITA”

9 febrero, 2018

CONVOCADO O 7º CONCURSO FOTOGRÁFICO POLA IGUALDADE QUE TERÁ POR LEMA “UNHA MIRADA DE XÉNERO: A MULLER NA SÚA LOITA”

O Centro de Información da Muller, o Centro Comercial Aberto e a Asociación Fotográfica O Potiños convocan a 7ª edición do Concurso Fotográfico “Unha mirada de xénero: A muller na súa loita”. O concurso, que ten carácter nacional (xa que a pasada edición foi internacional pero houbo problemas burocráticos), foi presentado esta mañá pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Marina Ortega; a xerente do Centro Comercial A berto, Noelia Mares, e o presidente da Asociación Fotográfica O Potiños, Manuel Blanco.

Marina Ortega explicou que o motivo do lema desta edición era render homenaxe ás mulleres pioneiras na loita pola igualdade, “aquelas feministas que crearon precedentes”. Neste senso, dixo que ainda queda moito por facer e de aí a importancia desta iniciativa.

A concelleira tamén adiantou que este ano a Andaina pola Igualdade ía ter lugar o domingo, 4 de marzo, con saída e chegada na Praza Maior, e cun percorrido de 16 km.

Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, haberá tres premios de 300, 200 e 100 euros para os tres primeiros, respectivamente. O segundo e o terceiro premio será aportados polo CCA e consistirán en vales de compra nos establecementos comerciais adheridos a esta asociación. Ao respecto, Noelia Mares dixo que estes premios eran para distinguir ás mellores fotografías, para homenaxear a loita das mulleres e para que repercutisen nos establecementos comerciais do Carballiño.

Pola súa parte, Manuel Blanco, destacou a vitalidade do Carballiño no eido da fotografía a nivel de Galicia, e comentou as características técnicas do concurso. Referiuse á continuidade de poder enviar fotografías online ou en papel, e que as vinte mellores serían expostas nos comercios e lugares de exhibición da asociación.

As bases do concurso poden consultarse na páxina web do concello, e son similares a da última edición: que os traballos deben estar realizados por persoas afeccionadas á fotografía; que se poden realizar en B/B ou cor; que deben ser inéditos e non terse presentados noutros concursos, e que cada participante pode presentar como máximo tres fotografías.

As fotografías que se envíen on-line (a través do correo electrónico cim@carballino.gal ), deben facerse en arquitos JPG con resolución 2.400 pixels no seu lado maior (Non superando as cinco megas). Admítense fotos apaisadas e de formato cadrado. Non se admiten fotografías con marcas de auga, sinaturas, marcos, nin pés de foto.

A data límite para a presentación de fotografías será o 28 de febreiro de 2018. E os premios entregaranse nun acto que se celebrará no concello, ás 12,00 h., do 8 de marzo.

 

BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA 2018

Declaración xurada

 

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos