Así, este venres día 15 de marzo proxecta a película francesa Las guardianas, dirixida por Xavier Beauvois e protagonizada por Nathalie Baye e Iris Bry. A historia está ambientada durante a primeira guerra mundial, cando os homes están na fronte e son as mulleres as encargadas de sacar o traballo adiante o traballo no campo. Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS.
E o domingo día 17 proxecta ás 19:00 horas, una auténtica xoia, unha desas películas que gusta, e moito, practicamente a todo o mundo: Cinema paradiso. Será dentro do ciclo para conmemorar os 50 anos do cine club. Dirixida por Giuseppe Tornatore, obtivo multitudfe de premios: Globo de Ouro, Oscar a méllor película no 89, Palma de Ouro en Cannes ese mesmo ano…Unha película inolvidable e una moi boa ocasión para voltar a vela en pantalla grande.