A cuarta edición da Feira Medieval A Liorta, que se desenvolverá este venres, sábado e domingo, incluirá algunhas novidades con respecto as pasadas edicións. Así o sábado 20 de xullo, a partir das 21,30 h., no anfiteatro da Veracruz, o grupo de teatro Dar Trela levará a cabo a escenificación histórica da primeira voda celebrada na feira do Carballiño.
Pero non será a única novidade de A Liorta 2019, senón que ao longo dos tres días haberá multitude de espectáculos de rúa, na Praza Maior e no anfiteatro da Veracruz, como combates, voo de aves rapaces, lume e aéreos sobre estruturas elevadas, ademáis de pasarrúas de músicos, títeres e zancudos, e diversas actuacións sorpresa.
Asimesmo, a partir das 18,00 h., do venres 19 de xullo, estarán abertos os postos, talleres artesanais, rincón infantil, demostración de oficios antigos e exposición de aves rapaces.