O concello do Carballiño prosigue coas actividades encamiñadas a promocionar o uso da lingua galega entre as familias con bebés, que se enmarca no programa APEGO, ao que está adherido ao concello carballiñés.
Entre estas actividades atópase o espectáculo de contacontos TOIN, TOIN, con Raquel Queizás, que terá lugar o domingo, 17 de novembro, ás 17,30 h., no auditorio municipal Manuel María, e coa entrada totalmente de balde.
Está dirixido a nenos e nenas de ata 4 anos e ás súas familias, e cun aforo máximo de 50 persoas.
As persoas interesadas en asistir deberán anotarse no Servizo de Normalización Lingüística do concello ata o 14 de novembro. Tel. 662197665.
O programa Apego conta no Carballiño con arredor de 40 familias inscritas, e ao longo de ano realízanse unha serie de actividades cuxa finalidade é pomocionar o uso da lingua galega no entorno familiar e dende os primeiros anos dos nenos e nenas.