ESTA TARDE QUEDARÁ CORTADA AO TRÁFICO A RÚA FERNÁNDEZ POUSA PARA PROCEDER AO FRESADO E ASFALTADO DA CALZADA
TAMÉN SE RESTRINXIRÁ O TRÁFICO NA RÚA FAUSTINO SANTALICES, AGÁS PARA O ACCESO AOS GARAXES
A RÚA ALDARA SERÁ ASFALTADA MAÑÁ POLA MAÑÁ, E NON SE ABRIRá AO TRÁFICO ATA O MÉRCORES
Unha vez rematado o fresado do tramo da rúa Aldara entre Conde Vallellano e Carreira, esta tarde procederase ao fresado da rúa Fernández Pousa, polo que quedará cortado o tráfico nesta rúa así como en Faustino Santalices, á que só poderán acceder os usuarios dos garaxes, pois a saída deberase efectuar en sentido contrario pola baixada a Flores.
A rúa Aldara asfaltarase mañá pola mañá, se o tempo o permite, e tamén mañá pero pola tarde asfaltarase a rúa Fernández Pousa.