Rematado o ano 2018, ábrese este luns, 31 de decembo, o prazo para solicitar a renovación dos postos das feiras durante o ano 2019. Este prazo concluirá o 20 de marzo.
As solicitudes e a documentación requerida para renovar a autorización deberán presentarse no Rexistro do concello do Carballiño e demáis formas previstas na lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Deberanse acreditar os seguintes requisitos para a concesión da mencionada autorización: Acreditación de estar dado de alta no imposto de IAE con indicación do epígrafe fiscal; acreditación de estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social; certificación que acredite estar ao corrente no pagamento das cotizacións á Seguridade Social e con Facenda no caso que corresponda; seguro de responsabilidade civil que cubra o posto; cumprir cos requisitos das reglamentacións de cada tipo de productos; certificado acreditativo de recibir formación en materia de manipulación de alimentos, de ser obligatorio polo tipo de actividade; deberá dispor dos permisos de residencia e traballo que, en cada caso, foran esixibles, se se trata de persoas extranxeiras; as persoas físicas deberán achegar fotocopia de: DNI, NIF, NIE ou Pasaporte; as persoas xurídicas acreditarano mediante o CIF. E fotografía.