A representación terá lugar ás 20,30 h., no auditorio municipal Manuel María.
Paco checo é un cabaleiro errante dos de antes, dos que van na procura de dragóns e tesouros sen pensalo, xa que posúe un grande e indubidable valor, ou iso cre el, pero a verdade é que Paquiño xa coñeceu tempos mellores.
Cando as malvadas forzas do mal raptan á princesa do pobo, Paco e o seu fiel escudeiro, Xaime, lánzase ao camiño trala aventura e o misterio.
Maxia, enredos e tortos vanse sucedendo nunha trepidante e choqueira historia, onde Paco aprenderá que a vida non é só branca ou negra, senón que está chea de cores.
ELENCO
Adelaida Abad, Carmen Caeiro, Chani Hernández, Alejandro Martín, Frankie Muiño e Beni Suárez.
Dirección: Cristina Mariño.
Adaptación: Cristina Mariño e Carlos Castrillón Doce.
Duración 80 minutos.