Dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, un novo espectáculo dirixido ao público infantil e familiar protagoniza a axenda cultural desta fin de semana.
Trátase de BBCIRCUS, unha aposta diferente no panorama de espectáculos dirixidos ao público infantil. Unha aposta teatral baseado nas artes circenses e presentada cariñosamente aos máis pequenos da casa. Moitos estímulos, unha linguaxe simple, outro sentido do ritmo e tempo con música ao vivo e moitas sorpresas.
A proposta parte dunha escenografía onde se mestura a natureza con cores moi vivas. E coa luz negra de súpeto todo cambia, outra ambientación onírica onde destacan elementos novos e sorprendentes.
Un universo de acción, intensidade e cor, grazas aos traballados números circenses e á creación de Miriam Crespo e Joao Alvim, da narración e música elaborada en directo por Serxio Crespo, consiguen transmitir a esencia do circo ao público máis cativo.
É un espectáculo dirixido ao público familiar onde os pais e os máis adultos estarán tamén encantados.
O prezo da entrada é de 3,50 euros, que se poden adquirir desde media hora antes do comezo da función, que terá lugar este sábado, 6 de abril, ás 18,00 h., no auditorio municipal Manuel Maria.
ASACOCIRCUS
A Compañía nace a mediados do 2007 por medio da unión de dous artistas circenses: Miriam Crespo Gómez-clown, malabarista, nacida en Galicia e Joao Alvim, malabarista, clown, acróbata, nacido en Divinopolis e criado en Belo Horizonte en Brasil.
O primeiro espectáculo de Asacocirco foi “Gran número de máximo risco” creado no 2007 e estreado durante a programación de presentacións de rúa en Santiago de Compostela. No 2008 ademais de triunfar con presentacións de rúa en España e Norte de Portugal, a compañía destaca no Festival Internacional Festiclown, en Vigo.