Mañá, xoves, 20 de decembro, remata o prazo para solicitar a instalación de mesas, cadeiras, tarimas e outros elementos análogos en lugares de dominio púbico para o próximo ano 2019. Este prazo é tanto para renovación como para primeira autorización.
O período de ocupación para o exercicio 2019 na tempada anual é dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro.
Os modelos de solicitude poderán recollerse no departamento de Servicios Públicos e Información, e no Rexistro xeral do Concello, situados na pranta baixa da casa consistorial. E tamén se poderán descargar na páxina web www.carballino.gal dentro do portal de transparencia/normativa/ordenanzas e regulamentos.
A documentación a achegar xunto coa solicitude será a recollida no artigo 27 da citada ordenanza, e presentaranse no Rexistro xeral do Concello e demáis formas previstas na lei 39/2015, 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.