Estes días estase executando o proxecto de reforma integral da zona de vestiarios do Estadio Municipal de Espiñedo. A obra conta cunha subvención de 60.000 euros da Deputación Provincial de Ourense, e supón a renovación desta área do campo de fútbol que se atopaba en moi malas condicións dende hai tempo.
A empresa que realiza o proxecto o está executando coa máxima celeridade para que estea operativo o antes posible e permita o uso das instalacións de duchas e aseos durante os encontros de competición de C. D. Arenteiro. Agárdase, polo tanto, que para o próximo partido en Espiñedo contra o Céltiga F.C., que será o domingo, 21 de xaneiro, esta obra poida estar totalmente culminada.
PISTA ANEXA DO PAVILLÓN PACO CHAO
Por outra parte, e tamén dentro das infraestruturas deportivas do Carballiño, mañá visita o pavillón Paco Chao a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, onde se renovou recentemente o pavimento da pista anexa. Nesta visita estará acompañada polo alcalde e o concelleiro de Deportes, Francisco Fumega e Manuel Dacal, respectivamente.
O investimento desta renovación foi de 61.000 euros, que foi financiada a partes iguais pola Xunta de Galicia e o concello do Carballiño.