Este xoves rematou a VI edición do ciclo Poesía e música coa actuación da poeta ourensá Arancha Nogueira no IES Chamoso Lamas e no CPI Virxe da Saleta. A autora levou a cabo un recital e un pequeno obradoiro de poesía para alumnos da ESO.
Este ciclo no que participan estudantes de toda a comarca (este ano participaron o CPI Terras de Maside, CPI Virxe da Saleta e IES Chamoso Lamas) intenta achegar a poesía e a música en galego aos alumnos a través de diferentes actividades espalladas ao longo do curso.
Un ano máis, contou co apoio aconómico e técnico da Área de Cultura do Concello do Carballiño.