• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

GRANDES DESCONTOS, SORTEO DE VALES DE COMPRA E ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN INFANTIL, PRINCIPAIS RECLAMOS DA 16 FEIRA DO STOCK, QUE SE CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA NA PRAZA MAIOR

3 marzo, 2020

GRANDES DESCONTOS, SORTEO DE VALES DE COMPRA E ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN INFANTIL, PRINCIPAIS RECLAMOS DA 16 FEIRA DO STOCK, QUE SE CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA NA PRAZA MAIOR

Once establecementos de todos os sectores comerciais ofertarán nesta fin de semana os restos do remate da tempada de inverno, durante a 16 Feira do Stock, que organiza o Centro Comercial Aberto, e que foi presentada este mediodía pola concelleira de Comercio, Silvia Baranda, e a xerente do CCA, Noelia Mares.

O evento celebrarase o venres 6, o sábado 7 e o domingo 8, nunha carpa instalada na Praza Maior, e será inaugurada o venres ás 17,00 h. Os horarios de apertura serán: venres, de 17,00 a 21,00 h, e sábado e domingo, de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 21,00 h.

Como incentivo, haberá grandes descontos de ata un 90%, e a posibilidade de entrar nun sorteo de vales de compra por valor de 200 euros, en vinte vales de 10 euros. Este sorteo terá lugar o domingo ás 21,00 h.

Así mesmo, o sábado e o domingo pola tarde están programadas diversas actividades de animación infantil, que correrán a cargo de Tempo Libre Máxico.

Na feira estará representada unha gran gama dos sectores comerciais, como moda infantil e xuvenil, moda home, moda muller, zapaterías, librerías, etc.

Unha gran carpa translúcida, que ocupa todo o espazo da parte central da Praza Maior, acollerá aos stands participantes, en previsión de que se podan producir chuvias durante a celebración do evento.

Silvia Baranda dixo que o obxectivo da feira era incentivar as compras no comercio local, e que por eso animaba á veciñanza a visitar os stands. Amosou unha vez máis o apoio do concello ao comercio da vila, e desexou o mesmo éxito que na última edición.

Noelia Mares incidiu na importancia deste evento para o Centro Comercial Aberto, pois é a primeira as dúas feiras que celebran cada ano, e hai moito interese nos establecementos comerciais asociados para poder liquidar os restos da tempada de inverno. Recalcou que haberá verdadeiras gangas, con ata o 90% de descontos nas mellores marcas, e que as compras poden obter premio no sorteo do domingo pola noite. Tamén se referiu ás actividades de animación infantil o sábado e o domingo pola tarde como alicientes para que as familias acudan a visitar os stands cos nenos e nenas.

Finalmente, agradeceu a colaboración do concello e da brigada municipal de obras, que se encarga da montaxe dos stands.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos