• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

HÉCTOR CAJARAVILLE E CARLOS CASTELAO, GALARDONADOS COS PREMIOS ANTÓN LOSADA 2019

29 abril, 2019

HÉCTOR CAJARAVILLE E CARLOS CASTELAO, GALARDONADOS COS PREMIOS ANTÓN LOSADA 2019

O escritor Héctor Cajaravilla, en creación literaria, e Carlos Casrelao, en investigación, obtiveron os galardóns do Premio Antón Losada 2019-

ACTA DO XURADO DA XXXIV EDICIÓN DO PREMIO “ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ”

Na Casa do Concello do Carballiño, ás 11,00 horas do día 27 de abril de 2019, reúnense os membros do xurado que a continuación se relacionan, para a selección das obras premiadas segundo as bases publicadas para o efecto.

Asisten:
Presidente: don Diego Fernández Nogueira

Vocais:
Pola Real Academia Galega, don Afonso-Vázque Monxardín Fernández
Polo Consello da Cultura Galega, don Xoxé Manoel Núñez Seixas
Polo Museo do Pobo Galego, don Francisco Fariña Busto
Polo Concello de Boborás, dona Ana Patricia Torres Madureira
Pola Universidade de Santiago, dona María do Mar Lorenzo Moledo
Pola Universidade da Coruña, don Manuel Ferreiro Fernández

Non asiste:
Pola Deputación de Ourense, don Luis Eugenio González Tosar
Pola Universidade de Vigo, don Xosé Henrique Costas González

Actúa como secretaria, para dar fe do acto, dona Julia Rodríguez Fernández.

Polo Sr. Presidente procédese á apertura da sesión, excusando a non asistencia de don Luis González Tosar en representación da Deputación de Ourense, por razóns de saúde. Comunica aos membros do xurado que no seu nome fará lectura do documento presentado e asinado polo Sr. González Tosar no que fai constar as súas propostas en orden de preferencia nas distintas modalidades. O Sr. Presidente consulta aos membros do xurado se están de acordo en ter en conta tales propostas.
Tomada a decisión de ter en conta os criterios de selección do Sr. González Tosar procédese a preselección das distintas obras presentadas.

O Sr. Presidente fai referencia ao listado de obras que van ser obxecto de debate na modalidade de Creación Literaria. O xurado acorda por unanimidade que todas as obras presentadas e que a continuación se relacionan, poden ser debatidas no certame.

1. Elefante – Manuel Darriba
2. O trapecista da malla de rombos – Alberto Canal
3. Noites de safari – Marleen MaLone (Iolanda Zúñiga)
4. Fóra de si – Suso de Toro
5. Nova Nursia – Héctor Cajaraville
6. Lapis da noite – Ramón Nicolás
7. O exército de fume – Manuel Gago
8. Sen piedade – Pedro Feijoo
9. Fálame do silencio – Pablo L. Orosa
10. Claro de lúa – Puir Ameixide
11. O meu nome é Ninguén – Manuel Esteban
12. Vivir sen permiso e outras historias de Oeste – Manuel Rivas
13. Michigan/Acaso Michigan – Antón Reixa
14. O mar que nos leva – Moncha Fuentes
15. Natura – iolanda Zúñiga
16. Do amado amodo – Manuel Outeiriño
17. The Making of – Xavier Alcalá
18. Memoria do Corpo – Xesús Rábade Paredes
19. Bonus track – Rosalía Fernández Rial
20. Cartas dende o esquenzo – Baldo Ramos
21. Don Pepe – Moncho Iglesias Míguez
22. En branco e negro – Pere Torabuela

Neste senso teñen lugar diferentes votacións que producen as seguintes preseleccións:

1º.- Pasan as obras denominadas cos seguintes números na relación que arriba se achega: 5, 7, 13 e 14

Nova Nursia – Héctor Cajaraville
O exército de fume – Manuel Gago
Michigan/Acaso Michigan – Antón Reixa
O mar que nos leva – Moncha Fuentes

2º.- Prodúcense novas deliberacións e pasan nesta 2º preselección as obras cos seguintes números: 5, 7 e 13 que corresponden a:

Nova Nursia – Héctor Cajaraville
O exército de fume – Manuel Gago
Michigan/Acaso Michigan – Antón Reixa

Prodúcese unha terceira selección e decídese as seguintes: 5 e 7

Nova Nursia – Héctor Cajaraville
O exército de fume – Manuel Gago

Despois das deliberacións e por unanimidade dos presentes decídese outorgar o Premio Antón Losada Diéguez na súa XXXIV Edición e na modalidade de Creación Literaria: “NOVA NURSIA” (Edicións Xerais) de HÉCTOR CAJARAVILLE.

NOVA NURSIA é unha áxil novela histórica que se centra na figura de Frei Rosendo Salvado. A través dunha combinación de perspectivas (narración en 3ª persoa e cartas en 1ª persoa), os lectores achéganse a unha experiencia histórica transcional, dende Tui a Australia.

Despois dun pequeno receso, iníciase a selección na modalidade de Investiagación e Ensaio. O Sr. Presidente de novo fai mención do listado que se presenta nesta modalidade, acordando que todas as presentadas sexan obxecto de debate.

1. Común temos a patria – E. X. Ínxua / X. Martínez González
2. María Victoria Moreno. Sementadora de futuro – Isabe Soto / Xavier Senín
3. Intridución ás relatividades de Einstein – Ramón Villalta
4. Maternidade fóra de catálogo – Marga Tojo
5. Conversas con Paco del Riego – Perfecto Conde
6. Máis que ver. Cen historias do deseño n Galiza – Pepe Barro
7. Chámame señora, pero trátame coma a un señor – Inma López Silva
8. Ám@me – Chis Oliveira e Amada Traba
9. Feminicidio – Carme Adán
10. Pefecto López. Un viamancés na Galiza ideal – Xosé María Rei Lema
11. Galicia no labirinto da nova política – Xoán Hermida
12. X. Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego. Félix Caballero
13. Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego – Xosé Ricardo Losada
14. Fuga e retorno de Adrián Solovio – Xosé Ricardo Losada
15. As orixes da fotografía en Galicia – Carlos Castelao
16Tres mulleres galegas de armas tomar – Guillermina Rodríguez Touriño

1ª.- Despois de varias intervencións dos membros do xurado procédese a unha primeira votación, da que saen as seguintes obras correspondentes aos números da relación: 1, 6 e 15 . É dicir:

Común temos a patria – E. X. Ínxua / X. Martínez González
Máis que ver. Cen historias do deseño n Galiza – Pepe Barro
As orixes da fotografía en Galicia – Carlos Castelao

2ª.- Logo de novas deliberacións, e nunha derradeira votación, por unanimidade do xurado decídese conceder o Premio Antón Losada Diéguez, na súa XXXIV Edición, na modalidade de Investigación e Ensaio a “AS ORIXES DA FOTOGRAFÍA EN GALICIA” (Alvarellos Editora) de CARLOS CASTELAO

O xurado salienta a calidade e intensidade de investigación documental realizada sobre a chegada e asentamento da fotografía na sociedade compostelá. Asimesmo destácase a calidade e coidado da súa edición, e o interese das fotografías reproducidas que axudan a rescatar a memoria visual da época e complementan a investigación documental sobre a vida e traxectoria dos primeiros fotógrafos.

Sen máis, a presidencia dá por rematado o acto, ás 12,40 h do devandito día, do que eu, como secretaria, dou fe e asinan todos os presentes en proba de conformidade.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos