O pazo dos Losada en Moldes voltará a ser este sábado, 22 de xuño, o marco no que se desenvolva o acto da entrega de galardóns do XXXIV Premio Antón Losada Diéguez, e que nesta edición recaeron en Héctor Cajaraville, pola súa novela “Nova Nursia” (Xerais), e en Carlos Castelao, pola publicación “As orixes da fotografía en Galicia” (Alvarellos).
Como todos os anos, o programa comezará ás 11,00 h., coa misa na igrexa de San Mamede de Moldes, que será cantada pola Coral Polifónica Casino do Carballiño, e a posterior ofrenda na tumba de Manuel Chamoso Lamas. E ás 12,00 h., tera lugar o acto da entrega de premios no pazo da familia Losada.
O mantedor do acto será o arqueólogo Jorge Lamas Bértolo, que se referirá a unha das facetas menos coñecidas de Antón Losada, como son os traballos de arqueoloxía.
Ademáis das autoridades en representación das institucións organizadoras do premio, confirmou a asistencia ao acto o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Ao remate e durante o paseo desde a capela ao pazo, actuará o grupo de gaitas Terras do Arenteiro.