Despois dunha tempada estival con máis de 30 actuacións, o Orfeón do Carballiño prepárase para acometer unha intensa semana de grandes concertos. Así, este mércores, 30 de outubro, actuará no Teatro Principal de Ourense acompañando a outras catro agrupacións coralísticas. E na fin de semana, o 2 e 3 de novembro, viaxará á localidade cántabra de Castro Urdiales para ofrecer un concerto no que interpretará dez obras, entre elas temas en galego, habaneras, música sacra e unha canción cántabra titulada Viento del Norte, composta polos irmans Nando e Segio Agüeros, e que o Orfeón estreará nesta ocasión.
INTENSA SEMANA DE CONCERTOS DO ORFEÓN CON ACTUACIÓNS NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE E NA LOCALIDADE CÁNTABRA DE CASTRO URDIALES
