A terceira edición da concentración de coches super deportivos, que se celebrará este sábado, 26 de maio, nos arredores da Praza Maior do Carballiño, será unha das máis concorridas e vistosas.
Máis de 170 participantes e de noventa coches están inscritos neste evento que reunirá no Carballiño os modelos máis chamativos das marcas de coches de maior prestixio, como Porche, BMW, Betley, Maseratti, Lamborgini, Mercedes e Bugati, entre outras.
O valor total dos vehículos inscritos calcúlase en arredor dos 20 millóns de euros, e algún dos coches supera o valor dun millón de euros. Isto da conta do elevado nivel da convocatoria deste ano.
A concentración comezará sobre as 10 da mañá na rúa Aldara e Cesáreo Tizón, así como nos arredores da Praza Maior. Despois haberá unha ruta pola comarca, xantar e circuito, para rematar de novo na Praza Maior, onde permanecerán os vehículos estacionados ata a noite.