Mañá, 28 de febreiro, remata o prazo para presentar solicitudes tanto para renovación como para primeira autorización da ocupación de dominio público local con mesas, cadeiras, tarimas e outros elementos análogos durante a tempada estacional.
O período de ocupación para este exercicio 2018 na tempada estacional é dende o 24 de marzo ata 0 31 de outubro.
Os modelos de solicitudes poderán recollerse no departamento de Servizos Públicos e no Rexistro Xeral do Concello. Tamén se poderán descargar da páxina web do concello (www.carballino.gal) dentro da Concellería de Obras, Urbanismo e Servizos Públicos ou ben a través do Taboleiro de Anuncios da citada páxina.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do concello e demais formas previstas na lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento común das administracións públicas.
O pasado ano os locais de hostalería do Carballiño instalaron algo máis de 350 mesas nas terrazas durante a primavera e o verán. 60 locais realizaron as solicitudes, mentres que outros 40 o fixeron para todo o ano.