Manuel Blanco Guerra foi o gañador do primeiro premio do 8º Concurso Fotográfico “Unha mirada de xénero: menores en igualdade”, que convoca a concellería de Benestar Social, Igualdade e Sanidade en colaboración co Centro Comercial Aberto e coa Asociación Fotográfica O´Potiños.
Blanco Guerra acadou o primeiro premio cunha fotografía a cor titulada “Intercambio”, e pola que recibiu da concelleira de Igualdade un talón de 300 euros para mercar nos establecementos asociados ao CCA.
O segundo premio foi para Antonio Jesús Pérez Gil, cunha fotografía titulada “Educando y desestereotipando en gerundio”, remitida desde Tenerife, e que recibirá 200 euros para mercar tamén nos establecementos do CCA.
E o terceiro premio foi para Sonia Torres Aguado coa fotografía titulada “A todo gas”, que recibiu como premio un talón de 100 euros.
Todas as fotografías presentadas ao concurso, así como as premiadas, poden verse desde hoxe na exposición aberta no concello.