Estes próximos días a rúa Aquilino Sánchez quedará restrinxida ao tráfico debido ao inicio das obras de reforma desta rúa e do Camiño de Aquilino Sánchez. Unicamente se permitirá o acceso aos garaxes, pero non o tráfico en xeral, que deberá utilizar outras vías alternativas entre a Estrada de Ribadavia e a rúa San Cibrao.
O proxecto de reforma desta rúa conleva unha nova rede de abastecemento e saneamento, a conexión co colector do Carrás, alumeado, bairarrúas e asfaltado en quente.
A reforma, que ten un orzamento superior aos 120.000 euros, está financiada con fondos propios do concello, e a súa execución prolongarase durante un mes e medio, aproximadamente.
Desde o concello pídense disculpas aos veciños e usuarios polas molestias que se poidan ocasionar durante a realización da obra, pero que é absolutamente necesaria para humanizar esta rúa, que se atopa nun estado moi deficiente e con gran carencia de servizos dende hai tempo.