A directora de Turismo do Cantón de Guanzú achegouse esta mañá ao stand de Galicia en Fitur para entregar uns exemplares dunha revista editada en China con motivo da visita dunha delegación de xornalistas chineses o pasado verán, e que asistiron á 56 Festa do Pulpo.
Precisamente, nesta revista dedícanse dúas páxinas a resaltar as excelencias desta festa, e inclúense varias fotografías da última Festa do Pulpo.
É unha boa noticia, que contribuirá a incrementar o dossier de prensa internacional para obter a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.