• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento
Conservatorio

NURIA FERNÁNDEZ HERRANZ, PROFESORA DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE CASTELA-A MANCHA, IMPARTIRÁ ESTA FIN DE SEMANA UN CURSO PARA DIRECTORES E DIRECTORAS DE COROS DE TODA GALICIA

4 octubre, 2019

NURIA FERNÁNDEZ HERRANZ, PROFESORA DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE CASTELA-A MANCHA, IMPARTIRÁ ESTA FIN DE SEMANA  UN CURSO PARA DIRECTORES E DIRECTORAS DE COROS DE TODA GALICIA

Dezaoito directores e directoras de corais de toda Galicia, así como unha vintena de coralistas que conformarán o coro piloto, participarán esta fin de semana nun Curso de Dirección de Coros, que impartirá a prestixiosa profesora de dirección de coro Nuria Fernández Herranz.

Esta iniciativa, que se celebrará na Casa da Cultura este sábado e domingo, 5 e 6 de outubro de 2019, cun concerto extraordinario de clausura no Templo da Veracruz o sábado ás 19,30 h., está promovida pola Federación de Corais de Galicia, e foi presentada esta mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández e o presidente da Federación de Corais de Galicia, Antonio Rey.

Trátase da terceira edición deste evento, segundo confirmou Antonio Rey, pois hai uns anos xa se celebraron outros dous cursos semellantes. O presidente da Federación de Corais de Galicia destacou a gran participación de directores e directoras de corais de todas as provincias galegas, así como do coro piloto, que será o Coro da Capela da Divina Comedia de Bembibre (León), e sobre todo, do prestixio da directora do curso, a profesora de Dirección de Coro no Conservatorio Superior de Castela-A Mancha, Nuria Fernández Herranz.

Nuria Fernández é titulada superior en Dirección de Coro e Pedagoxía da Dirección na Dàniel Berzssenyi Tanárképzö Föiskola de Szommbathely (Hungría) coas máximas cualificacións, complementando os seus estudios na Academia Superior de Música Ferene Liszt, en Budapest. É tamén doctora en Humanidades pola Universidade Carlos III de Madrid, na que desenvolveu diferentes proxectos corais que se converteron en referentes do panorama coral español: o Coro da Universidade, o Programa Infantil de Música Escénica (1999-2008) e o Curso de Dirección de Coro que conta con máis de 18 edicións.

Nuria Fernández é directora artística e fundadora de VokalArts, agrupación de recoñecido prestixio no panorama coral actual, e conta con moitos galardóns e recoñecementos nacionais e internacionais.

O curso desenvolverase en horario de mañá (10:00 a 14:00 h) e tarde (16:00 a 20:00 h), agás o domingo, que rematará ás 19,00 h para poder celebrar a clausura ás 19:30 h no templo da Veracruz cun concerto extraordinario do Coro da Capela da Divina Comedia de Bembibre (León). Antonio Rei aclarou que esta clausura rematará ás 20,15 h., para que non coincida coa sesión de Tiruleque na Mostra de Teatro Amador, que é ás 20:30 h no auditorio municipal.

O concelleiro Diego Fernández agradeceu a Antonio Rey e á Federación de Corais de Galicia o feito de elexir ao Carballiño como sede deste curso e dar tamén realce así á vila como lugar de eventos culturais destacados no eido da formación musical.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos