• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

O 29º FESTIVAL DE TEATRO GALEGO CELEBRARASE DO 22 AO 24 DE AGOSTO

8 agosto, 2018

O 29º FESTIVAL DE TEATRO GALEGO CELEBRARASE DO 22 AO 24 DE AGOSTO

Onte presentouse no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense a programación completa da XXIX EDICIÓN DO FESTIVAL DE TEATRO GALEGO. No acto gardouse un sentido minuto de silencio polo falecemento do actor Ernesto Chao.

A presentación do festival contou coa presenza das autoridades locais e provinciais, así como a actores e actrices que estarán presentes nesta 29ª edición do festival.

Manuel Doval, deputado provincial de Cultura

Destacou o apoio da Deputación Ourensá ao festival como ‘referente galego das artes escénicas e un evento dos galegos para os galegos’. Artes escénicas producidas en Galicia. Lamentou o falecemento do actor Eernesto Chao, e pediu a cooperación entre as administracións para apoiar á cultura galega en xeral e ao teatro en particular.

Francisco Fumega, alcalde do Carballiño

Manifestou o orgullo da vila en acoller un ano máis o festival, referente do teatro galego. Enviou unha “perta á familia de Ernesto Chao e a toda a familia do teatro”.

Manuel Carballeda, administrador da empresa Montañesa

O representante da empresa patrocinadora do evento desde hai varias edicións, agradeceu o poder colaborar co festival, tantos anos e contribuír co grao de area desde a súa empresa para axudar a facer posible o evento.

Josi Lage, directora do FETEGA

Pediu un minuto de silencio na memoria de Ernesto Chao. Presidiu en todo momento a mesa a súa foto actuando o ano pasado no FETEGA. O actor recentemente falecido, presentara no FETEGA 2017 neste mesmo acto coa cía. Redrum teatro a estrea absoluta en España da súa produción ‘A Canción do Elefante’.

Josi presentou a programación e as novidades desta 29ª edición, cun programa variado con especial visibilidade da muller, con 90% da programación composta por mulleres, de mañá tarde e noite ao longo de 3 xornadas, e para todos os públicos. Pasacalles polo día, Barafunda co Polbo escapista, pases todos os días. O programa terá lugar en tres localizacións: ao aire libre no anfiteatro, na casa da cultura e no auditorio. No anfiteatro, circo onde os equilibrios e aéreos xogan esta edición un importante papel. Espectáculos de Totum Revolutum. Pista Catro e Duelirium.

Todas as actividades serán de balde, agás as representacións nocturnas -no auditorio- a un prezo de 10 euros. Ademais, haberá animación nas rúas e diferentes actividades paralelas, como a mesa redonda de actrices: “Pasado, presente e futuro das mulleres na escena galega

Avanzou parte do contido dos premios FETEGA, que a edición anterior pasaron a chamarse Premios FETEGA Dorotea Bárcena, en memoria da actriz. Desvelou o premio de honra 2018 desta edición será para Marta Pazos. Marta é unha pontevedresa nada no 1976, afincada en Santiago, directora de escena, actriz e escenógrafa, tamén dramaturga e licenciada en Belas Artes. Traballa no teatro de Oporto, no CDG ou coa coa Fura del Baus. Funda a súa compañía, Voadora, onde levou máis de 10 premios, entre eles o da crítica de Galicia.

A gala do sábado que pecha o festival, estará conducida por Laura Villaverde, de Artesa Compañía. Agradeceu nun escrito a súa inclusión no marco do festival, onde presentará tamén a súa obra “Chola a It Girl”, que fala de temas universais e locais, denominada obra “glocal”.

Desvelou os nomes do xurado de luxo: Víctor Dupla, María Vázquez e Morris. Non hai premio ao mellor actor, que pasa a un novo premio para os espectáculos de rúa. O premio ao mellor espectáculo será elixido polo público. Destacou que a figura que se entrega como premio de honra foi deseñada por Octavio Cerviño, esmaltista artesán.

Finalmente, falounos tamén da obra “Elisa e Marcela”, da compañía A Panadaría exemplo de loita pola xustiza, a liberdade. Contada desde a comedia, que permite abordalo dun xeito diferente, visibilizando as desigualdades das artes escénicas e da sociedade en xeral. Buscamos sumar un grao de area ao respecto pola sexualidade e especialmente o colectivo LGTB. 7 premios, 4 maría casares, premio de honra, premio diversidade, premio do público.

Agradeceu o apoio das entidades públicas e privadas, como a empresa Montañesa, e o do equipo de traballo, a empresa GFStudio, responsable do deseño e contidos audiovisuais, Animatium do traballo de coordinación, e Intanxibles de comunicación e rr.pp. Agradeceu tamén o traballo dos voluntarios/as, que poden inscribirse ata o 10 de agosto no web www.fetega.gal.

Varios dos actores e actrices presentaron as obras e actividades que van desenvolver nesta edición.

Stephy Llaryora, da compañía De Ste Xeito Producións

Presentou a obra “Loló e mamá”, unha peza teatral basesada dunha historia real, unha traxicomedia “montaña rusa de emocións” que fai que saian báboas e sorrisos. Agradeceu ao festival contar con ela, que fai 2 anos que vive en Galicia e fala un perfecto galego, compromiso que asumiu coa lingua e o teatro.

Diego Freire, da AAAG -Asociación de actores e actrices de Galicia-

Representa a máis de 300 actores e actrices, falou do taller onde colaboran festival, co curso de “Pedra, papel, belisco, laboratorio de performance” impartido por Alba Blanco e María Roja, e dirixido a creadoras e creadores.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos