A Campaña “Separar con Xeito”, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes, ten por obxectivo explicar as claves da xestión sostible dos residuos urbanos (especialmente os do contedor amarelo e azul), e resolver as dúbidas suscitadas aos visitantes das diferentes feiras, festas e eventos gastronómicos de toda Galicia ás que acuden día a día.
O próximo luns 30 de setembro, en horario de 10:30 a 13:30 h., os monitores ambientais desprazaranse á feira do Carballiño, onde informarán aos cidadáns que se acheguen á carpa informativa que estará situada na rúa do Paseo fronte á Praza Maior, sobre as pautas que permitan mellorar a recollida selectiva dos residuos para favorecer a súa posterior reciclaxe.