Este sábado, 7 de xullo, O Carballiño converterase no epicentro da música, canto e folclore tradicional de Galicia.
Ás 18,00 H., na Praza Maior, Festival de Baile e Música Tradicional Vila do Orcellón.
Ás 20,30 h., en oito locais hostaleiros da vila, CANTOS DE TABERNA.
E a partir das 12 da noite, na Praza Maior, concertó do grupo PELEPAU.
Este sábado 7 de xullo o Grupo de Danzas Vila do Orcellón, coa colaboración do Concello do Carballiño, invita a todos os veciños e veciñas a acompañalos no Festival de Baile e Música Tradicional da Vila do Orcellón, que terá lugar na Praza Maior as 18:00.
“Porán música ao noso repertorio de bailes tradicionais os compañeiros da Escola de Gaitas do Carballiño que ademáis nos deleitarán cunha pequena parte do seu amplo repertorio.
Acompañarannos tamén as Pandereteiras Flor de Toxo, memoria viva da nosa cultura, mestras das que sempre aprendemos e que nos transportarán aos seráns de Avión de principios-mediados do século pasado.
Xa para finalizar o Rancho Infantil e Juvenil de Moreira da Maia amosarannos un pouquiño desde folclore, dos modos irmáns do outro lado da fronteiras, tan diferente e tan próximos.
CATRO GRUPOS ANIMARÁN POLA TARDE E NOITE OS LOCAIS HOSTALEIROS NUNHA NOVA EDICIÓN DOS CANTOS DE TABERNA
PROGRAMA:
Brioche
20:30 Andasoa
22:45 Os Cotovías de Maside
O Fiadeiro
21:45 Banda de gaitas do Carballiño
23:15 Os Cotovias de Maside
A Fuchela
20:30 Os Cotovias de Maside
Ningures
22:15 Andasoa
23:15 Banda de gaitas do Carballiño.
Estate Quieto
21:15 Andasoa
22:30 Banda de gaitas do Carballiño.
Soldado
21:15 Os Cotovias de Maside
23:00 Andasoa
Plaza
21:00 Banda de gaitas do Carballiño.
22:40 Feitizo de Pau
Don Paco
20:30 Banda de gaitas do Carballiño.
22:00 Feitizo de Pau
Caserío
22:00 Os Cotovias de Maside
23:15 Feitizo de Pau
E A PARTIR DAS 24,00 H., ACTUACIÓN NA PRAZA MAIOR DO GRUPO “PELEPAU”